martes, 8 de octubre de 2013

Steve Jobs

Steve Paul Jobs, foi un empresario informático estadounidense cofundador e presidente executivo de Apple. 

Foi tamén presidente executivo de Pixar Animation Studios, membro do consello de directores de The Walt Disney Company.
O primeiro ordenador Apple, o Apple I foi construído e deseñado por Wozniak para uso persoal, pero Jobs convenceuno para presentalo no Homebrew Computer Club e vendelo, nacendo así en 1976 Apple Computer Inc. As primeiras oficinas de Apple foron no garaxe da casa dos pais de Jobs, A partir de entón a empresa aumentou a 4000 empregados en 10 anos. Jobs converteríase no millonario máis novo de 1982.
A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie AppleII.
A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh.
En 1985 foi destituído de Apple por John Sculley. E comprou Pixar, quen se faría moi famosa.
En 1997 volveu a Apple ata a súa morte o 5 de outubro de 2011 con 56 anos.


Fontes:  Wikipedia e Biografías e vidas.


      

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.