Naceu o 22 de maio de 1954 en Sebe Ehime, Xapón. Graduouse na Universidade de Tokushima en 1977 en Enxeñaría electrónica. Despois uniuse na Corporación Nichia. Nesa etapa inventou o primeiro LED. Na actualidade é profesor da Universidade de Santa Barbara.
O LED (Light-Emitting Diode: diodo emisor de luz) é unha revolucionaria fonte lumínica de grande eficiencia, longa vida e un consumo enerxético moito máis reducido que o das fontes tradicionais, como a lámpada incandescente. Considerada a iluminación do futuro, os LED teñen un enorme potencial en numerosas aplicacións ademais da iluminación: paneis informativos, semáforos, pantallas de ordenadores e teléfonos móbiles,... Esta tecnoloxía tamén deu lugar ao blu-ray e ao bluetooth.
Publicou 390 artigos en revistas científicas do máis alto prestixio, que foron referenciados 18.936 veces polos seus colegas. Así mesmo, ten 448 patentes aprobadas ou en vías de tramitación.Entre os numerosos premios e galardóns destacan o Premio de Tecnoloxía do Milenio, o da Society for Information Display, o Premio de Electrónica Cuántica do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, o Rank Priz, a Medalla Benjamin Franklin e o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica no 2008.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.