Michael Dell, nado o 23 de febreiro de 1965 en Houston, Texas, é coñecido pola fundación da empresa Dell en 1984, coa limitada cantidade de 1000$. Actualmente é o presidente da xunta directiva e o director xeral de dita empresa; tamén é moi famoso pola seguinte frase: “A tecnoloxía ten que ver con dar lugar ao potencial humano”. Hoxe en día Dell, conta cun equipo de máis de 100.000 persoas adicadas a fabricación de equipos informáticos e a algunhas outras funcións relacionadas con ditos equipos. Ademais posúe ampla variedade de servizos e solucións para os seus clientes.
En 1998 Michael, formou o MSD Capital, e en 1999, xunto coa súa muller, estableceron a fundación Michael e Susan Dell, coa que prestaron a sociedade, unha chea de servizos humanitarios aos máis necesitados.
Michael Dell desenvolve toda a súa actividade en múltiples organizacións e asociacións.
Fonte de información: DELL
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.