lunes, 21 de enero de 2013

Queres imprimirte en 3D?


Aproxímase unha nova revolución das impresoras

 A medida que van pasando os anos, e as tecnoloxías evolucionan drasticamente, as impresoras avanzan con estas. Acostumados ás impresoras de tinta ou láser, este ano pasado apareceron prototipos de impresoras capaces de imprimir en 3D todo aquelo que se che antolle, os primeiros prototipos que apareceron eran impresoras que ocupaban media habitación, pero como o resto da informática estas avanzan incriblemente rápido e a mediados do 2012 apareceron unhas dun tamaño moito máis reducido para poder ter na oficina ou no cuarto como unha impresora calquera. Neste último mes comezáronse a comercializar en España. 

Con este tipo de impresoras podes deseñar ti o obxecto que queres imprimir e gardalo nun arquivo CAD, ou ben podes descargar da páxina oficial algúns deseños. Isto vai supoñer unha pequena revolución, tanto para o ámbito empresarial como doméstico, xa que se se che rompe algo seguramente o poidas remplazar por unha peza impresa neste tipo de impresoras. 

Actualmente hai dous tipos de impresión 3D:

- De compactación: nas que unha masa de po se compacta por estratos.
- De adición: nas que o propio material engádese por capas, e vai formando así unha figura 3D

E segundo o método empregado na compactación do po:

- Impresoras 3D de tinta: estas utilizan unha tinta aglomerante para compactar o po. O uso de tinta permite a impresión en diferentes cores.

- Impresoras 3D de láser: un láser transfire enerxía ao po facendo que se polimerice. Despois sumerxese nun líquido que fai que as zonas polimerizadas se solidifiquen.

Con esta nova tecnoloxía poderás materializar o que queiras. Aínda que isto tamén pode axudar no aspecto da sanidade por exemplo para facer próteses médicas.

1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.