jueves, 24 de enero de 2013

Como funciona un rato óptico?

Un rato óptico é basicamente un rato convencional, só que con un sistema de movemento mediante sensores, que son máis precisos e evitan o mecanismo de bolas e sensores, tan propensos a inutilizarse debido a suciedade.


Este tipo de rato é o máis usado na actualidade grazas as razóns citadas anteriormente, pero ademais por unha razón de custo, son moito mais baratos.

Os ratos ópticos non posúen a bola de goma dos ratos tradicionais. O seu funcionamento basease nun sensor óptico que fotografía a superficie sobre a que se encontra e detecta as variacións entre as fotografías, así determina se o rato cambiou a súa posición.
En superficies brillantes ou pulidas, o rato causa movemento nervioso sobre a pantalla, por iso é necesario a utilización de alfombriñas para o rato ou unha superficie que non sexa brillante nin teña grabados multicolores que poidan ''confundir'' a información luminosa devolta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.