| Reproductor mp3 para natación |
Existe unha gran variedade de aparellos electrónicos preparados para a realización de deporte, incluso para os deportes acuáticos.
Varios fabricantes propoñen uns reproductores mp3 para realizar deporte de forma amena, mesmo debaixo da auga, aínda que non é recomendable usalo en mar aberto, lagoas ou pantanos, xa que a maioría destes aparellos non soportan moito máis de 3 metros de profundidade.
Aquí deixo algúns exemplos:
Sony presenta o modelo NWZ-W273,que ten 4 GB de capacidade. A batería ten unha autonomía de ata 8 horas e conta cun modo de alimentación por pila,que soporta unha hora encendido,cunha carga de só 3 minutos.
Este é o modelo AquaBeat 2.0. Ten como vantaxe a súa capacidade de flotar en caso de que se desprenda, así sube ata a superficie e é máis doado atopalo.
Conta con 4 GB e a súa batería dura 25 horas. Soporta todo tipo de formatos de audio e ademáis conta con radio FM.
Para máis información podedes acceder a páxina de Sony España e a de Speedo España
Fonte: Eroski
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.