lunes, 6 de febrero de 2012

Formatos de arquivos

¿Que é un formato?
Para escribir un texto, escoitar unha canción, retocar unha foto, navegar por unha páxina web ou ver unha película no ordenador hai que manexar arquivos.
Para que estes arquivos se poidan abrir, ler ou modificar cunha aplicación, necesitan ter un formato. Un formato é o que permite a unha aplicación interpretar os datos contidos dun arquivo.
Podemos coñecer o formato dun arquivo coa súa extensión: o sufixo de tres letras (ou ás veces catro) co que o nome do arquivo remata. Por exemplo foto.jpg é un arquivo de imaxe JPEG.
Cada fabricante de software adoita crear o seu propio formato, coa pretensión de que sexa utilizado por todos os demais e pase a ser o formato estándar.
Imos coñecer algo máis sobre os formatos informáticos.
Formatos abertos e Formatos propietarios
Un formato é aberto se o seu uso está libre de restricións legais e económicas. Un formato aberto é totalmente transparente (é dicir, que o seu código pode ser lido por calquera).
A finalidade dos formatos abertos é garantir o acceso aos datos almacenados sen a incerteza actual ou futura respecto aos dereitos legais do seu uso.
Adoitan ser creados por autoridades públicas ou institucións internacionais (e ás veces por compañías privadas) co obxectivo de fomentar o intercambio de arquivos e a competencia.  
Un formato aberto pode ser empregado por programas privativos ou libres.

Exemplos de formatos abertos:
  • De texto
      • TXT. A forma máis doada de ler, gardar e intercambiar texto é usar texto plano (sen ningún tipo de formatado.
      • HTML. É o estándar para páxinas web. Útil se se necesita intercambiar documentos con imaxes e texto con formato.
      • RTF. Para colaborar cun equipo escribindo un texto, é mellor usar un formato aberto como Formato de Texto Enriquecido (RTF), que permite un sinxelo formatar do texto.
      • ODT.  Para documentos de texto de OpenDocument.
      • PDF. Formato de Documento Portable. Útil para presentar ou imprimir documentos tal cual creáchelos. É multiplataforma e pode cifrarse. Pode xerarse mediante a instalación dunha impresora virtual (como por exemplo PDF Creator). Foi creado por Abobe, pero agora é un formato aberto.
      • EPUB (estándar para ebook)
  • Imaxes
      • Joint Photographic Expert Group (JPEG)
      • Portable Network Graphics (PNG)
      • Scalable Vector Graphics (SVG), formato de gráficos vectoriais.
  • Audio
      • FLAC (formato de audio sen perda)
      • Speex (formato de voz)
      • OggVorbis (formato de audio xeral)


Un formato de arquivo é propietario se a forma de presentación dos seus datos é opaca e a súa especificación non é dispoñible publicamente. Os formatos propietarios son desenvolvidos por empresas de software para codificar información producida polas súas aplicacións: só o software producido pola empresa que é dona dun formato de arquivo poderá ser capaz de ler correcta e completamente a información contida neste arquivo. Os formatos propietarios poden ser protexidos polo uso de patentes e o dono da patente pode impoñer o pagamento de royaltys polo uso ou implementación dos seus formatos en software de terceiros.
Hai moitos formatos cunha especificación pública ou aberta que foron desenvolvidos por compañías de software. As diferenzas entre aberto e propietario (ou pechado) só consisten na dispoñibilidade ou non dispoñibilidade pública do formato.

Exemplos de formatos propietarios:
  • Documentos de texto formatado Microsoft Word (DOC e DOCX)
  • Documentos de folla de cálculo de Microsoft Excel (XLS, XLSX)
  • Presentacións de Power-Point (PPS, PPT, PPSX, PPTX)
  • Imaxes (GIF, BMP, TIF)
  • Arquivos de audio (MP3, WMA)

Para intercambiar arquivos...
Os formatos propietarios poden ser usados sen ningún problema de forma local nun equipo ou por un grupo de usuarios que deciden usar un formato especifico e un software especifico para cooperar nun proxecto dado.
Pero para intercambiar arquivos entre un conxunto de posibles usuarios require converter o formato orixinal nun formato apropiado para intercambio de arquivos. Os formatos abertos son por definición formatos de intercambio. Os motivos son:
  1. Evitar que o destinatario non poida ler o arquivo.
  2. Evitar correr o risco de difundir información confidencial. Un formato propietario codifica información que non é publicamente accesible. En moitos casos, só o fabricente do software e propietario do formato, posúe a chave para o descifrado completo dos datos. Difundir documentos e arquivos en formato propietario significa difundir información que ninguén -salvo o creador do formato- pode coñecer o seu contido exacto.
  3. Evitar difundir virus. A maioría dos virus son transportadas por arquivos infectados intercambiados por usuarios. Os devanditos virus explotan as vulnerabilidades de seguridade de aplicacións habitualmente privativas.
  4. Promover a diversidade na comunicación.

Adquirir equipos compatibles con formatos abertos
Os equipos electrónicos, (smartphone, reprodutores multimedia, lectores de libros electrónicos,...) adoitan aceptar só un pequeno número de formatos diferentes. Isto débese ao pagamento de canons polo uso de formatos patentados ou propietarios. Todos os equipos, non obstante, poden incluír formatos libres xa que estes son gratuítos.
Un formato propietario aceptado hoxe en día pode deixar de usarse nuns anos. Ao desaparecer os equipos capaces de interpretar o formato, os datos vólvense inútiles. Ao elixir formatos abertos asegurámonos poder usar estes formatos tanto para os equipos actuais coma para os futuros.

Formato de Documento aberto para aplicacións ofimáticas
O Formato de Documento aberto para Aplicacións Ofimáticas de OASIS, tamén coñecido como OpenDocument ou ODF, é un estándar para documentos ofimáticos como textos, follas de cálculo e presentacións. Foron desenvolvidos pola organización OASIS e está baseado nun esquema inicialmente creado por OpenOffice.org. OASIS (acrónimo de Organization for the Advancement of Structured Information Standards) é un consorcio internacional sen fins de lucro que orienta o desenvolvemento, a converxencia e a adopción de estándares.
O formato ODF pretende ofrecer unha alternativa aberta aos formatos de documentos propiedade de Microsoft os requisitos de licenza dos cales impiden o seu emprego a diversos competidores.

As extensións dos arquivos OpenDocument son: odt para documentos de texto, ods para follas de cálculo, odp para presentacións, odg para gráficos e odb para bases de datos.


Para descubrir de qué extensión se trata...

WhatIs.com publicou unha lista con todas as extensións de arquivos do mundo (ou case pois son máis 3000)


Bibliografía:
http://doc.ubuntu-es.org/Formatos_libres

http://www.aulaclic.es/internet/a_1_8_1.htm

http://www.openformats.org/esShowAll

http://www.universidadur.edu.uy/odfpdf/

http://es.wikipedia.org/wiki/Formato_abierto