martes, 30 de septiembre de 2014

The Visible Human Proyect

É unha investigación no que o seu obxectivo principal é a creación da informatización dun atlas anatómico do ser humano. Cadáveres de persoas en perfecto estado son escaneados mediante unha resoancia magnética, conxelados e despois cortados en seccións transversales aproximada mente dun milímetro. Codifícase cada sección cunha fotografía dixital que é arquivada nunha base de datos informática.
É unha aplicación das TIC á sociedade da información.
Elaborado por:  Xacobo Triñanes e Israel Rey.

O proxecto FightAIDS @ Home.

É un exemplo de informática distribuída.
Consiste nun proxecto no que a xente desde a súa casa pode dar ideas a través do seu ordenador  para novas cura ou vacinas para o VIH.
O programa é totalmente seguro e seu impacto no sistema onde está instalado é mínima .
Elaborado por : Manuel Fernández Sendón e Bárbara Caamaño Piñeiro.
 

Proxecto SETI@home

É un exemplo de Informática distribuída. Consiste en captar señais a través de frecuencias de hidróxeno. Estas últimas atravesan unhas nubes de gas síntoma de que están enviando información. Son procesadas na Universidade de Berkeley e distribuídas a colaboradores de todo o mundo. Para ver estas señais necesítase descargar un programa gratis na páxina da Universidade de Berkeley.

O proxecto Golem@Home


Lanzado no verán de 2000 e aínda está en desenvolvemento. Golem (Genetically Organized Lifelike Electro Mechanics), é un experimento de informática distribuída sobre a robótica evolutiva e vida artificial. Forman un conxunto de experimentos nos que sistemas electromecánicos sinxelos evolucionan dende a nada ata producir fisicamente máquinas que se moven. Esta é a primeira vez no que os robots foron roboticamente deseñados e fabricados.
Elaborador por: José Bouzas e Juan Lado. 

Folding@home

Trátase dun proxecto deseñado para utilizar os recursos dos ordenadores persoais que non se están a utilizar por ningún outro proceso, para realizar simulacións de pregamento proteico e outras dinámicas moleculares. Utilízase para a investigación de enfermidades xa que determina como chegan as proteínas á súa estrutura final a partir da súa secuencia de aminoácidos.
É un exemplo de Informática Distribuída.


O proxecto GIMPS

É un proxecto colaborativo de voluntarios que utilizan programas de balde co fin de buscar números primos de Mersenne. Solo fai falta ter conexión a Internet e é un claro exemplo do uso das tics.

Que é o 060?


O 060 está relacionado coa cidadanía dixital.
E é un punto de aceso da Administración española para cidadáns e empresas.
Ofrece información administrativa sobre as actividades da administración e orientar sobre os servizos que ofrece.


Elaborado por Manuel Martínez e José María Caamaño.